DÍA DA ÁRBORE

Neste curso o Concello adiantou a celebración do Día da Árbore, por este motivo hoxe desprazámonos ata o Parque de Río Seco para participar na plantación de árbores que alí se fixo. A clase de 6ºA e algúns alumnos de 6ºB colaboraron na plantación dunha acacia e unha cerdeira que darán sombra no parque.

Foi unha mañá lúdica, pero tamén de concienciación do coidado da natureza e da conservación do medio.