Último día de proxecto e de colexio! Pola mañá tocou poñer a funcionar as neuronas para deseñar un xogo de Trivial relacionado coa nosa escola. Os rapaces tiveron que extraer de todo o vivido durante a semana 24 preguntas tipo test coas súas tres respectivas posibles preguntas. Ademais, deseñaron a caixa de xogo para ter todo organizado. Non nos deu tempo a facer os dados: unha mágoa.
[fusion_builder_container hundred_percent=»yes» overflow=»visible»][fusion_builder_row][fusion_builder_column type=»1_1″ background_position=»left top» background_color=»» border_size=»» border_color=»» border_style=»solid» spacing=»yes» background_image=»» background_repeat=»no-repeat» padding=»» margin_top=»0px» margin_bottom=»0px» class=»» id=»» animation_type=»» animation_speed=»0.3″ animation_direction=»left» hide_on_mobile=»no» center_content=»no» min_height=»none»]
Á tarde, ruteamos pola cidade para ver os lugares e monumentos máis importantes relacionados cos Castro. Os mestres intentamos facer de guías para explicar a súa historia. Puidemos ver o busto do Cardeal, as Clarisas, a Ponte Medieval, o Castelo de San Vicente coas súas fortificacións e o Palacio Condal.
Por último, xa temos gañadores do concurso de pintura. Gracias a todos por participar!
Atrás deixamos unha fantástica semana. Os mestres, queremos dar posibilidades aos nenos de aprender, de construír e de reflexionar… Se os nosos rapaces son capaces de poñer en valor o que os rodea gracias a este proxecto, estaremos orgullosísimos deles (e de nós tamén…). 😉
O Patrimonio é de todos e, para disfrutalo, hai que respetalo e entendelo.
[/fusion_builder_column][/fusion_builder_row][/fusion_builder_container]