Día 3: Coñeces o teu cole? (3ºe 4ºEP)

Avanzamos pouco a pouco na investigación sobre o pasado do colexio. Hoxe tocou falar dos traballos relacionados co noso centro. Primeiro fixemos unha pequena clasificación na que os rapaces tiñan que ordenar viñetas de traballos segundo códigos de cores: traballos existentes no cole, traballos que houbo e traballos sen relación co cole. Despois refixemos a clasificación para ordenalos segundo o sector ao que pertencían. Ao voltar do recreo fixemos un Deixarse preguntar… Os mestres tivemos que responder ás preguntas que nos fixeron os alumnos acerca do noso traballo e do colexio.

Xa pola tarde elaboramos unha redacción sobre o sentir dos rapaces no centro, as cousas que lles gustan e non e o que levan aprendido nestes tres días. Os textos son unha pasada… E por último, para descansar un pouco e relaxarnos, bailamos ao son da música medieval. Algún vai romper a pista na vindeira Feira Medieval de Monforte de Lemos. 😉