Tel. 982 400 450 / 626 620 631 | dir.monforte@escolapiosbetania.es

DÍA 1 e 2 : Coñeces o teu cole? (3º e 4º)

Onte deu comezo o proxecto Coñeces o teu cole? de 3º e 4º EP.

Día 1:

Comezamos asistindo á representación dos mestres de 5º e 6º. Revivimos a historia do colexio da man de personaxes coma o Cardeal Rodrigo de Castro, dona Beatriz ou mesmo o rei Felipe!

Ao rematar, fomos ás clases e, recollendo información dunha presentación, elaboramos unha liña do tempo que vai dende o inicio da construción do cole ata os nosos días. Ao rematar, resolvimos un pequeno cuestionario sobre os datos recollidos durante a mañá. Xa pola tarde pasamos un bo rato resolvendo pasatempos que nos deron unha idea do que veremos durante a semana. Para rematar, desciframos unha mensaxe cifrada seguindo uns códigos que nos permitiu saber máis acerca do Cardeal e da nosa escola.

Día 2:

Hoxe tocou visitar os lugares menos coñecidos do noso colexio (a excepción da pinacoteca). Puidemos ver o coro, a zona dos alumnos da ESO, as cociñas e as bodegas (para algún estaba demasiado oscuro…) e a pinacoteca, onde os rapaces buscaron información acerca das obras máis importantes da mesma.

A continuación observamos a obra de El Greco (San Lorenzo) para que os rapaces puideran facer unha «copia» alternativa. Algunas delas son dignas do mismísimo Ecce Homo de Borja! 😉 Tamén comentamos unha pequena biografía de El Greco en inglés.   Rematamos o día coa lectura conxunta dun texto da historia do colexio e co I Concurso Escolar de Pintura. Nel, os rapaces recrearán o seu rincón favorito do monumento.

[fusion_builder_container hundred_percent=»yes» overflow=»visible»][fusion_builder_row][fusion_builder_column type=»1_1″ background_position=»left top» background_color=»» border_size=»» border_color=»» border_style=»solid» spacing=»yes» background_image=»» background_repeat=»no-repeat» padding=»» margin_top=»0px» margin_bottom=»0px» class=»» id=»» animation_type=»» animation_speed=»0.3″ animation_direction=»left» hide_on_mobile=»no» center_content=»no» min_height=»none»]

 

[/fusion_builder_column][/fusion_builder_row][/fusion_builder_container]