O día 4 de outubro os alumnos de 3º e 4º de Primaria visitaron a exposición itinerante sobre CONSUMO RESPONSABLE E ALIMENTACIÓN SAUDABLE, que a FUNDACIÓN SEEDO (Sociedad Española para el Estudio de la Obesidad), en colaboración con GADIS, situou na zona das Casitas.
Esta exposición ten como obxectivo principal sensibilizar e crear unha maior conciencia sobre a importancia de ter unha alimentación saudable, de levar unha vida activa, de practicar un consumo responsable e de evitar o desperdicio alimentario.