COÑECENDO A RIBEIRA SACRA

Os alumnos de 5º Primaria realizaron unha saída o pasado venres pola Ribeira Sacra. Coñecimos de primeira man a labor de Elías na olería de Gundivós e o proceso de elaboración do viño da man de Antonio na Rectoral de Amandi.

Desfrutamos dun bo rato comendo xuntos no precioso lugar de Cadeiras e paseamos pola ruta dos Muíños do Xábrega rematando no embarcadoiro dos Chancís.

Sen dúbida un día estupendo!!