Durante estas últimas clases de E.Física contamos coa presencia de Manuel, experto bailarín, tanto de clásico como de ritmos modernos.

En cada unha das clases nas que participa dalles aos alumnos unhas nocións básicas dos pasos iniciais de baile moderno.

Son clases moi divertidas á vez que instructivas e sobre todo moi movidas.