Esta mañá os alumnos de 4º de Primaria tivemos a sorte de que nos visitou Javier, un técnico forestal da zona (tamén pai de Carlos 😉 ). Durante unha horiña falounos das paisaxes típicas galegas e de España. Ademais, profundizou moito nas distintas modificación que o home fai no medio (algunhas veces para ben e outras non tanto…), charlamos sobre a contaminación das augas, da atmosfera…
Dá gusto que nos visite xente tan activa e profesional. A presentación que nos amosou non deixou indiferente a ningún dos presentes.
Grazas!