Tel. 982 400 450 / 626 620 631 | dir.monforte@escolapiosbetania.es | Protocolo de abusos

REPASAMOS A UNIDADE DAS PLANTAS

Estes días estivemos a repasar todos os contidos da unidade das plantas. Nesta ocasión realizamos un rosco de pasapalabra e os nenos en equipo foron presentadores e concunsantes. E delo vos deixo unha pequena mostra con estas fotos.

XIMNASIA RÍTMICA – AO ENCONTRO DA PAZ

Queremos agadecer ás alumnas de Ximnasia Rítmica e ás súas monitoras o excelente traballo realizado na Celebración da Paz. Pensamos que o mellor é este vídeo-homenaxe ao seu gran traballo, son espectaculares e conseguiron que se realizara un acto único e moi emotivo en demanda dun mundo en Paz. Gracias a todas!!!  

ENTROIDO 2016

Despois de celebrar os xoves de Compadres e Comadres, este venres organizamos unha pequena festa de disfraces para os alumnos de Infantil e Primaria nos patios do Centro. Todos os alumnos, dende os máis pequenos de Infantil ata os maiores de 6º disfrutaron da tarde; os disfraces foron espectaculares, moi coidados e conseguidos. Aquí tedes … Leer más

TREASURE 3EP

En clase de Plástica de 3º de Primaria estamos a completar o camiño para ir á busqueda do tesouro, ao encontro da amizade, da colaboración, da lingua e da aprendizaxe.