Tel. 982 400 450 / 626620631 | Fax. 982 410 003|dir.monforte@escolapiosbetania.es

Humanidades ESO

/Humanidades ESO

ESO NA CASA, APRENDEMOS XUNTOS! Visual thinking e os Felices anos 20

Os alumnos de 4º ESO, Historia do mundo contemporáneo exploran os felices anos 20, dende a casa gracias a técnica do "Visual thinking". A técnica consiste en captar pensamentos ou ideas por medio de debuxos ou imaxes, captando a esencia do que queremos transmitir, poden agruparse os debuxos por ideas, de xeito circular ou  caótico. [...]

ESO, NA CASA APRENDEMOS XUNTOS! BIOGRAFÍAS HISTÓRICAS

Nestas semanas estamos a traballar dende 4º da ESO as biografías históricas do período de Entreguerras. Para iso empregamos un organizador gráfico "Encantado de coñecerte" e o acompañamos de vídeos sobre aspectos relevantes tanto da economía, política e sociedade da época. Bo traballo rapaces! Organizador gráfico:Encantado de coñecerte (Traballo sobre personaxes históricos )    

ESO, NA CASA APRENDEMOS XUNTOS!

Os alumnos da ESO están a traballar dende a casa, a plataforma EDUCAMOS do colexio fai posible o contacto diario entre mestres e alumnos. Déixovos unha pequena escolma dos traballos de 1º ESO que neste intre están a traballar AS PRIMEIRAS CIVILIZACIÓNS: MESOPOTAMIA E EXIPTO, tiñamos programada unha exposición na clase, quedará para a volta [...]

1º ESO Aprendizaxe cooperativo. Prehistoria.

Comezamos á aprendizaxe da materia de historia nesta 2ª avaliación. As primeiras clases as realizamos en cooperativo e tratando de facer un repaso de todos esos conceptos que forman parte do estudado noutros cursos, dámonos conta de que a historia é unha disciplina que está en moitas cousas e que da significado e permítenos coñecer [...]

By | 18 febrero, 2020|Destacados secundaria, General, Humanidades ESO|0 Comments

ABANCA Falamos da escola

Este proxecto realizouse no pasado curso 18/19 e continuaremos no vindeiro curso 19/20. Trátase de dous encontros interxeracionais, aos que precede a fase de preparación por parte do alumnado e das persoas maiores. Os primeiros, a partir dunha guía didáctica e material de apoio documental aportados pola Fundación Abanca, traballan sobre o contexto social e [...]

By | 17 julio, 2019|Destacados secundaria, Humanidades ESO|0 Comments

Taboas de arxila con escritura CUNEIFORME-1º ESO A

Andamos a traballar sobre as Civilizacións Antigas, concretamente os Sumerios, pobo de Mesopotamia. E dentro das actividades prácticas, realizamos escritura cuneiforme en taboas de arxila. Parabéns aos rapaces e rapazas polo ben que o fixeron!

By | 6 mayo, 2019|Destacados secundaria, Humanidades ESO|0 Comments

MEGALITOS en 1º ESO Prehistoria/Clase de Xeografía e Historia

Dentro das actividades de cooperativo da materia de Xeografía e Historia, traballamos os Megálitos, concretamente un Crómlech. Os rapaces-zas expuxeron as súas maquetas no corredor da ESO.

TARRO DA FELICIDADE-FILOSOFÍA 4º ESO

Hoxe inauguramos o bote dos momentos felices de cada semana. Todos os luns na materia de filosofía de 4º ESO os alumnos adicarán uns minutos a pensar algo positivo que lles acontecera nos días anteriores. Os estudios demostran que unha actitude positiva é unha arma poderosa para a superación de todo tipo de obstáculos. Seguimos á escritora e [...]

By | 1 noviembre, 2018|Destacados, Destacados secundaria, Humanidades ESO|0 Comments

MENSAXE NUNHA BOTELLA -FILOSOFÍA 4ºESO

Os alumnos de 4º ESO recibiron hoxe na clase de filosofía unha mensaxe dentro dunha botella. A mensaxe contiña unha frase de filosofía oriental que tiveron que interpretar e explicar. A continuación en grupos, valorar a ensinanza aproveitable para as súas vidas. Rematamos a actividade cunha exposición en clase, co obxectivo de traballar a oratoria na [...]

By | 1 noviembre, 2018|Destacados, Destacados secundaria, General, Humanidades ESO|0 Comments

HISTORIA DA CIENCIA, 4º ESO HISTORIA

Os alumnos traballaron a través da dinámica de Vasos comunicantes, os principais científicos do século XVIII, dentro do tema do Antigo Réxime, na materia de Historia de 4º ESO. A creatividade destes rapaces deixou o listón moi alto nestes traballos, así o demostraron nas exposicións orais realizadas na clase. Parabéns a todos os grupos!

By | 1 noviembre, 2018|Destacados secundaria, Humanidades ESO|0 Comments