Tel. 982 400 450 / 626 620 631 | dir.monforte@escolapiosbetania.es

Excursión a Manzaneda (4ºEP)

O pasado mes de maio os rapaces de 4º de Primaria tiveron a sorte de convivir durante dous días en Manzaneda. A excursión estivo marcada polo carácter deportivo xa que puideron desfrutar de moitas actividades: karts, escalada, sendeirismo, tiro con arco, xogos populares… Pasárono xenial nun entorno natural perfecto. Deportes, amigos e convivencia sempre fan … Leer más

Divertímonos (3º e 4º EP)

Estes días estivemos facendo algúns traballiños moi vistosos en 3º e 4º EP: debuxamos «pinturas rupestres» dignas de Atapuerca (4º), xogamos co xeoplano para profundizar nos elementos dos polígonos (3º) e escribimos obras teatrais e as representamos no noso particular teatro de monicreques (4º). Deixamos aquí algunhas fotos:

Visitamos o Fogar San José ( 3º e 4ºEP)

Dentro das actividades programadas para amosar aos rapaces as distintas profesións, este ano escollimos de novo o Fogar San José. Alí puidemos ver de primeira man todos os coidados que necesitan os nosos maiores e tomamos nota das profesións requeridas para elo: enfermeiros, persoal de cociña, coidadores, labregos… Tamén tivemos ocasión de falar cos anciáns … Leer más

Experimentamos coas mesturas (4ºEP)

Para traballar este contido en 4º EP, os alumnos tiveron que facer varias experiencias mesturando en agua diversas substancias. Puideron saber de primeira man que ocorre nas mesturas ao axitalas e darse de conta de que moitas substancias non son solubles en agua. Foron apuntando todos os pasos a seguir e escribindo pequenas observacións que … Leer más