Afundación ABANCA. Iº Encontro Interxeracional «O valor da experiencia» – FÁLAME DA EMIGRACIÓN

Os alumnos de 3º ESO do Colexio están a participar nun proxecto da Fundación Abanca sobre a emigración na Galicia dos anos 60/70.

Un grupo de retornados emigrantes xuntáronse, na aula de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, para explicar a súa experiencia de vida no ámbito da emigración galega.

Como conclusión os alumnos realizarán un pequeno proxecto de investigación sobre a emigración no que terán que considerar os seguintes aspectos:

Motivacións para emigrar

Principais dificultades

Comparar emigración galega coa inmigración a Galicia ou a outras partes do mundo

Causas dos fenómenos migratorios. porqué Galicia emigrou con tanta intensidade?

Para máis información:

http://falamedaemigracion.afundacion.org/