Tel. 982 400 450 / 626 620 631 | dir.monforte@escolapiosbetania.es |  Defensa del menor  | Canal de denuncias |

ACTIVIDADES DE NADAL 5º-6º EP

Os últimos días antes das vacacións foron de actividade moi intensa nos cursos de 5º e 6º de Primaria.

Empezamos o luns colocando a gran pancarta de felicitación que elaboramos os mestres nas semanas anteriores.

O martes os alumnos de 5º visitamos o «Fogar San Xosé» para compartir o espíritu do Nadal coas persoas que alí viven e traballan, e alegrarlle un pouco a xornada coas nosas panxoliñas.

O mércores empezamos cunha oración conxunta, para continuar coa actividade «Sembradores de estrelas», coa que compartimos as felicitacións de Nadal con toda a cidade e que rematamos cun «concerto» de panxoliñas na rúa Cardeal. Xa pola tarde, e para rematar o 1º trimestre, pasámolo en grande xogando aos xogos de mesa que trouxemos ao colexio.

Aquí vos deixamos un vídeo resumo do feito e un ÁLBUM coas FOTOS das ACTIVIDADES