ACTIVIDADES DE NADAL — 5º/6º EP

Os dous últimos días antes das vacacións de Nadal foro xornadas de moita actividade para os alumnos de 5º e 6º de Primaria.

Comenzaron os alumnos de 5º o xoves pola mañá desprazándose ata o Fogar San Xosé para alí alegrar un pouco a xornada dos maiores cantándolles panxoliñas tradicionais, ao mesmo tempo que visitaban as instalacións.

A tarde do xoves foi tarde de cine, coa proxección e posterior reflexión da película «Wonder».

Xa o venres pola mañá foron os alumnos de 6º os que se desprazaron á Residencia de Maiores do Malecón para interpretar as panxoliñas tradicionais. A continuación todos os alumnos de 5º-6º movéronse por diferentes zonas do pobo repartindo «Estrelas Solidarias» en forma de felicitacións de Nadal, para rematar todos xuntos na rúa Cardeal e alí cantar panxoliñas todos xuntos.

Para rematar a tarde do venres foi tarde de xogos de mesa, que rematou coa entrega de agasallos do «Amigo Invisible»