Tel. 982 400 450 / 626 620 631 | dir.monforte@escolapiosbetania.es

ACTIVIDADE DE NATACIÓN — E.PRIMARIA

Os alumnos dos cursos de 1º, 3º e 5º participaron neste trimestre na actividade de natación que, dende a área de E. Física, se organiza na Piscina Municipal de Monforte. Ao longo do trimestre acudimos unha hora por semana para realizar a actividade, na que se contou coa colaboración dos monitores da propia piscina, que distribuiron aos alumnos segundo o seu nivel e os guiaron nos diferentes exercicios e técnicas para mellorar.