Ao longo desta semana, e enmarcado dentro da Orientación Vocacional, os alumnos de 5º de Primaria participaron en dúas sesións-talleres coa Asociación Familiares Enfermos Alzheimer de Monforte, «AFAMON», nas que poideron vivir a experiencia da atención e cuidado de persoas con este tipo de demencia.
Son actividades que achegan aos rapaces a realidades non tan idílicas como as que viven habitualmente, pero que lle dá unha perspectiva máis realista dos problemas aos que se enfronta a gente a diario e coas que poden valorar a inmensa labor que fan persoas como as pertencentes a esta asociación.
Web da asociación: http://www.afamon.com