Acabamos as revistas de animais, montamos un puzzle e facemos un mercadillo na clase. 4ºEP

Días completiños os que levamos nesta semana. As revistas de animais xa están rematadas e entregadas despois de tres semanas de traballo. Sen dúbido foi un traballo excelente cuns resultados bastante profesionais. O apartado «Curiosidades» dalgunhas delas son xeniais…

Ademais hoxe montamos un puzzle para traballar o mapa político de España. Cada grupo base tivo 6 minutos para aportar o seu gran de area e rematalo. Foi en tempo récord!

Por último, na hora de Matemáticas, celebramos o II Mercadillo de obxectos usados pero válidos… Os rapaces tiñan que traer tres obxectos en perfectas condicións que xa non usaran para, por un prezo símbólico, venderllos aos compañeiros. Tanto as ventas coma as compras quedaron reflectidas nunha pequena ficha. Podemos decir sen medo a equivocarnos que en 4º haberá empresarios nun futuro…

Non vos olvidedes de seguir traballando o mapa interactivo político de España. Xa sabemos Comunidades Autónomas e capitais. O seguinte paso e coñecer as provincias das Comunidades ao norte de Madrid. Non teremos clase de Sociais ata dentro de dúas semana.

Unha aperta!

[fusion_builder_container hundred_percent=»yes» overflow=»visible»][fusion_builder_row][fusion_builder_column type=»1_1″ background_position=»left top» background_color=»» border_size=»» border_color=»» border_style=»solid» spacing=»yes» background_image=»» background_repeat=»no-repeat» padding=»» margin_top=»0px» margin_bottom=»0px» class=»» id=»» animation_type=»» animation_speed=»0.3″ animation_direction=»left» hide_on_mobile=»no» center_content=»no» min_height=»none»]

[/fusion_builder_column][/fusion_builder_row][/fusion_builder_container]