Tel. 982 400 450 / 626 620 631 | dir.monforte@escolapiosbetania.es

ABANCA Falamos da escola

Este proxecto realizouse no pasado curso 18/19 e continuaremos no vindeiro curso 19/20.

Trátase de dous encontros interxeracionais, aos que precede a fase de preparación por parte do alumnado e das persoas maiores. Os primeiros, a partir dunha guía didáctica e material de apoio documental aportados pola Fundación Abanca, traballan sobre o contexto social e histórico da escola, mentres que os segundos constrúen o relato das propias experiencias nos centros educativos e preparan as sesións nos centros escolares. No primeiro encontro, os maiores contan as experiencias e dialogan cos estudantes. No segundo encontro, tras investigar sobre o tema coas propias familia, abordan a evolución da ensinanza con perspectiva histórica, procedese despois a unha posta en común de ideas para iniciar un debate sobre a finalidade da educación regrada e dos centros educativos.

Co obxectivo de que o programa amplíe o seu alcance e teña un carácter colaborativo, A fundación traslada a súa páxina web todo o material didáctico do proxecto, e o material que xorde de cada encontro (fotografías, vídeos, testemuñas…), e o que aportarán alumnos e alumnas dos centros escolares participantes sobre as historias na escola dos seus familiares.

PARA MÁIS INFORMACIÓN

https://www.afundacion.org/es/agenda/evento/espazo-60-monforte-de-lemos-e-colexio-padres-escolapios