A Excma. Deputación Provincial de Lugo enviounos un material sobre MARUJA MALLO para celebración do DÍA DAS ARTES GALEGAS.
Dende Ciencias Sociais estamos a traballar á artista dende o plano Mitolóxico e Esotérico.
Os alumnos traballan o proxecto en grupo base cooperativo e o obxectivo final é a presentación dun produto final que consistirá nunha cartolina na que presentarán a obra da autora dende 3 aspectos fundamentais: A súa figura persoal, a etimoloxía do mito e do esoterismo e os trazos da obra de Maruja Mallo que amosan esas características mitolóxicas ou esotéricas. O máis importante deste traballo aparte dos contidos mínimos esixidos e a súa presentación da maneira máis creativa e innovadora posible.
Todos os traballos serán expostos no andadeiro da ESO perto da clase de Ciencias Sociais.