3º ESO Aprendendo a realizar presentacións en Power Point, Marketing e Publicidade

Este luns 28 de maio en horario de 9.35 a 10.35 e de 13.20 a 14.10, celebráronse no noso centro as actividades de formación para o alumnado, dentro do marco do proxecto miniempresas Lugo: «Como realizar unha presentación en público»

«Márketing persoal: cando a publicidade es ti mesmo».

Estas actividades foron dirixidas aos alumnos de 3º da ESO e se realizaron dentro da materia de Xeografía e Historia.
O noso centro está a apostar polas novas tecnoloxías así como polo asesoramento, ou coach empresarial para que os propios alumnos comecen a crear a súa propia marca persoal, trátase de proporcionarlle as ferramentas que nun futuro poderán abrirlles novas e importantes oportunidades laborais.