Hoxe, celébrase o Día Mundial da SIDA, ou VIH, é o virus de inmunodeficiencia humana e pódese transmitir de persoa a persoa. A infección polo VIH, aínda non ten tratamento curativo nin vacina preventiva.
Dado que segundo as últimas informacións, estase a dar un repunte da enfermidade, parécenos un bo tema para que teñades unha conversa cos vosos fillos.
Se precisades información podedes consultar a páxina web so Servizo Galego de Saúde: https://www.sergas.es/Saude-publica/Dia-mundial-da-sida, onde podedes atopar o Manifesto do Día Mundial da SIDA e o informe do VIH/SIDA e outras ITS en Galiza 2017.