O 29 de novembro os alumnos de E. Infantil 4 anos realizaron a primeira excursión do curso.

Acompañados polas súas mestras desprazáronse ata A Estrada para visitar as instalacións do 112, o Centro de Emerxencias de Galicia. Foi unha xornada na que recibiron as primeiras nocións sobre actuacións en caso de emerxencia e coñeceron a sede dende onde se coordina a atención a Galicia.

Aquí vos deixamos un vídeo e algunhas fotografías da xornada.