Tel. 982 400 450 / 626 620 631 | dir.monforte@escolapiosbetania.es

SOMOS EMPRENDEDORES!!!, día 2 (5º-6ºEP)

Continuamos co Proxecto Interdisciplinar «Somos Emprendedores!!!»: empezamos a segunda xornada coa oración conxunta, a continuación traballo nos grupos relacionado coas áreas de C. Sociais, Inglés e Artística, pero sempre encamiñados ao noso proxecto de empresa.

Vimos os diferentes tipos de empresa e onde se encadra a nosa, os recursos necesarios para iniciar un proxecto, a importancia das cualidades das persoas para organizar as funcións.  En Inglés traballamos vocabulario e expresións para poder describir diferentes profesións e por último elaboramos un logo e cartel publicitario.

A xornada remata coa reflexión sobre o que aprendemos, como o facemos e para que nos serve, que volcamos no diario.

 

ÁLBUM DE FOTOS DA SEGUNDA XORNADA