Onte na clase xurdiron moitas dúbidas acerca do que está a pasar nos nosos montes, polo que adicamos a hora de sociais a falar delo.  Aínda que sexa só un pequeno testemuño, cada un dos rapaces engadiron un gran de area para dar ánimos.

Cada un de nós elaboramos slogans relacionados coa defensa do monte e propuxemos entre todos accións sinxelas para evitar desastres deste tipo.

Hoxe foi un día triste, pero o futuro está nas nosas mans…