Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

O luns día 27 de marzo os alumnos tiveron a sorte de asistir a unha titoría con David, o maitre ou xefe de comedor, da Escola de Hostelería de Rosende (Sober) para informalos das actividades que realizarán o venres día 3 de marzo na súa participación no  I CONCURSO MASTER CULLER 2017 ESCOLAPIOS.

Os alumnos de 1º ESO participarán no

1º MASTER CULLER ESCOLAPIOS organizado polas profesoras-titoras de 1º ESO e a ESCOLA DE HOSTELERÍA DE ROSENDE. Agradecemos a través de David a boa disposición da escola para o desenvolvemento deste proxecto no que participarán 48 alumnos dentro das actividades programadas para este curso 2016/17 pola secundaria do noso colexio.

A actividade terá lugar o día 31 de marzo nas instalacións da Escola de Hostelería de Rosende con premios para os tres primeiros clasificados. En dúas modalidades: Coctelería e Cociña.