Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Os alumnos de 3º ESO do noso colexio participarán, por segundo ano consecutivo e dende a materia de Ciencias Sociais,  no programa “Fálame da Emigración”. Un programa de cooperación entre a 3ª idade e os mozos para coñecer mellor as realidades migratorias do pasado e do presente.

Quen emigraba nos anos 70 ,80 do século pasado? Cales son as motivacións que os levan a retornar? e hoxe en día? Podemos dicir que as motivacións son as mesmas? Volverán os emigrantes de hoxe á súa terra?

O vindeiro luns as clases de 3º A e B xuntaranse para traballar este tema tan de actualidade hoxe en día.