O venres 2 de novembro os alumnos de 5º e 6º desprazámonos ata o Edificio Multiusos para asistir á representación teatral “De los cuentos a las cuentas”, una producción de Zarándula Gestión Cultural.

Nesta obra, utilizando a temática dos contos tradicionais como “Barbazul”, “A Galiña dos ovos de ouro” ou “O sapo e a princesa”, trátanse temas como a importancia da lectura, de ter soños polos que loitar, do aforro para poder chegar a eses soños, etc…

Foi unha obra moi interesante e entretida que tive aos rapaces pegados aos asentos e atentos en todo momento.