Tel. 982 400 450 / 626620631 | Fax. 982 410 003|dir.monforte@escolapiosbetania.es

3º EP

/3º EP

TORNEO DE XADREZ ESCOLAR

O venres 25 un grupo de alumnos do Centro participaron no Torneo Escolar de Xadrez. Foron os alumnos Mario de 2ºA Tito, Rubén e Luis de 3ºB Diego, Demetrio e Jose de 5ºA Daniel P. e Izan de 5ºB Guillermo de 6ºA  

LETRAS GALEGAS 2018

O mércores 17 de maio a Comunidade Educativa do Centro conmemoramos o Día das Letras Galegas con un acto no Parque de Infantil do Centro no que lembramos a biografía de María Victoria Moreno Márquez, autora á que este ano está o Día das Letras. Ademais lembramos tamén outros autores aos que, ao longo do [...]

EXCURSIÓN A VIGO — 3ºEP

O venres 18, os alumnos de 3º EP fixeron unha excursión a Vigo. Pola mañá foron a “Naturnova” onde fixeron actividades interactivas relacionadas co universo, o planeta Terra e o medio ambiente. Pola tarde visitaron o parque zoolóxico onde aprenderon datos curiosos sobre os animais que alí viron. Pasárono xenial!!!

Divertímonos (3º e 4º EP)

Estes días estivemos facendo algúns traballiños moi vistosos en 3º e 4º EP: debuxamos "pinturas rupestres" dignas de Atapuerca (4º), xogamos co xeoplano para profundizar nos elementos dos polígonos (3º) e escribimos obras teatrais e as representamos no noso particular teatro de monicreques (4º). Deixamos aquí algunhas fotos:

CORO DE PRIMARIA NO “FOGAR SAN XOSÉ”

O coro de E. Primaria participou na Eucaristía que, con motivo do Santo da M. Superiora, se celebrou no Fogar San Xosé o mércores 2 de maio. ÁLBUM DE FOTOGRAFÍAS

Visitamos o Fogar San José ( 3º e 4ºEP)

Dentro das actividades programadas para amosar aos rapaces as distintas profesións, este ano escollimos de novo o Fogar San José. Alí puidemos ver de primeira man todos os coidados que necesitan os nosos maiores e tomamos nota das profesións requeridas para elo: enfermeiros, persoal de cociña, coidadores, labregos... Tamén tivemos ocasión de falar cos anciáns [...]

“O relevo”

Os alumnos de 3º A e 3º B  traballaron o tema do relevo dun xeito moi plástico e creativo. ¡Así todo é máis sinxelo de entender e aprender!    

PlayEnergy en 3º e 4º EP

Onte os rapaces de 3º e 4º puideron pasar un bo rato coa actividade PlayEnergy de Endesa aprendendo sobre como  aforrar enerxía nos nosos fogares. Os consellos máis importantes foron: poñer luces led na casa, baixar un pouco a calefacción en inverno, ventilar axeitadamente, encender só os dispositivos que estamos a utilizar... Tamén falamos da [...]

EXÁMENES OFICIALES CAMBRIDGE

PINCHAR EN LA IMAGEN PARA AMPLIAR

ENTROIDO INFANTIL e PRIMARIA

Como cada ano este último venres antes das datas de Entroido celebramos festas de disfraces no Colexio. Por un lado os alumnos de Infantil nas súas clases e claustros e por outro lado, e por mor do tempo, os de Primaria no pavillón. Disfraces de entroido, música e a pasalo ben. ÁLBUM DE FOTOGRAFÍAS [...]