Empezamos as actividades da festividade de S. José de Calasanz con “Profes por un día”, xornada na que os alumnos máis maiores do Colexio exercen de “mestres” dos máis cativos.

Sempre baixo a supervisión dos seus titores e dos mestres de Infantil e Primaria, os alumnos de 4º de ESO métense na pel do profesor, e dan clases en Infantil e Primaria.

É unha experiencia moi enriquecedora, tanto para os maiores por situarse “do outro lado” durante unha mañá, coma para os cativos que adquiren a responsabilidade de ter un comportamento e aproveitamento axeitado aínda que o mestre non sexa o adulto que está con eles cada día.