Tel. 982 400 450 / 626 620 631 | dir.monforte@escolapiosbetania.es

CALASANZ 2017 — E.PRIMARIA

O venres 24 de novembro finalizou a semana de Calasanz cunha xornada especial de celebración, convivencia, diversión e sobre todo de compartir.

Celebramos a festividade do noso patrón, S. José de Calasanz e neste ano tan especial tamén o peche do Ano Xubilar Escolapio, que conmemora o 400 aniversario da fundación da «Orden de los Clérigos Regulares pobres de la Madre de Dios de las Escuelas Pías», os ESCOLAPIOS.

Foi unha xornada intensa con oración conxunta na igrexa do colexio, dirixida polo P. Javier Agudo e a coordinadora de Pastoral, Lucía; a tradicional chocolatada que nos prepara o chef Manolo e a ximcana de xogos organizados polos mestres; todo isto pola mañá. Xa pola tarde e como gran remate de festa os alumnos de 5º levaron a cabo unha extraordinaria representación teatral da obra «El joven Calasanz».

A continuación están o álbum de fotos e os vídeos coas mellores imaxes da xornada, esperamos que os disfrutedes.

ÁLBUM DE FOTOGRAFÍAS