Tel. 982 400 450 / 626 620 631 | dir.monforte@escolapiosbetania.es

Admisión

INFORMACIÓN PÚBLICA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

 CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA 

– DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

– ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

(Só se pode presentar unha única solicitude no centro no que se solicita praza en primeiro lugar. ) Segundo a nomeada Orde, terase en conta o seguinte:

1º. Que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2º. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3º. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de ad­misión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

A vía recomenda pola Consellería de Educación para facer a solicitude de reserva de praza é a través de internet no enderezo www.edu.xunta.es/admisionalumnado ou na Guía  de procedementos e servizos da administración da Comunidade Autónoma de Galicia na dirección www.xunta.es /portada co procedemento ED550B.

DOCUMENTACIÓN

– IMPRESO ANEXO III-1 FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA EN EDUCACIÓN
INFANTIL OU EDUCACIÓN PRIMARIA .
• Fotocopia da TARXETA SANITARIA da/o alumna/o.
• Fotocopia completa do LIBRO DE VACINAS.
• CERTIFICADO MÉDICO da/o pediatra da/o alumna/o.
• 4 FOTOGRAFÍAS (non serven fotocopias a cor) tamaño carné, co nome e apelidos
da/o alumna/o polo reverso.
• AUTORIZACIÓN IMAXE E SAÍDAS EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS.
• AUTORIZACIÓN RECOLLIDA.
• AUTORIZACIÓN DATOS.
• AUTORIZACIÓN DE SALIDA CON IRMÁN/Á MAIOR.
• AUTORIZACIÓN SALIDA SEN ACOMPAÑANTE (Só 5º e 6º de educación primaria).
Ademais, se non se presentou na admisión:
•Orixinal do LIBRO DE FAMILIA ou DNI da/o alumna/o e fotocopia.
•CERTIFICACIÓN DE PADRÓN.
•CERTIFICACIÓN DE MINUSVALÍA (se o houber).
•De ser o caso, CERTIFICADO DE CUSTODIA, SENTENZA XUDICIAL DE
SEPARACIÓN OU DIVORCIO.
•CERTIFICADO DE MATRÍCULA do colexio de procedencia, no caso de cambio de
centro.